Isto non é arte urbana, é vandalismo

Pontevedra
02 de decembro 2014

Vaipolorío denunciou o estrago causado neste muíño catalogado no libro de Carlos Solla "A memoria do río. Cartafol do río dous Gafos" onde se describe este elemento patrimonial como un "muíño de tres moas situado na marxe dereita do río Gafos, antes dá ponte Boleira e preto dá desaparecida fábrica de curtidos dos Echeverría"

Pintada no muiño do Couto
Pintada no muiño do Couto

O muíño do Couto, situado na marxe dereita de río Gafos, foi vítima dun acto vandálico.

Vaipolorío denunciou o estrago causado neste muíño catalogado no libro de Carlos Solla A memoria do río. Cartafol do río dos Gafos onde se describe este elemento patrimonial como un "muíño de tres moas situado na marxe dereita do río Gafos, antes da ponte Boleira e preto da desaparecida fábrica de curtidos dos Echeverría".

ÿ unha pintada en spray de cor violeta coas palabras Krew, Ghost e Writter.