Jacobo Moreira, próximo presidente local do PP: "Me haría mucha ilusión ser candidato a la alcaldía de Pontevedra"

Pontevedra
11 de xullo 2014

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, substituirá este sábado 12 a Telmo Martín na presidencia do PP local ao non se presentar ningún outro candidato. Afronta unha etapa na que compatibilizará o cargo co de deputado no Parlamento de Galicia. O luns tomará posesión da súa acta

Jacobo Moreira durante o pleno de abril
Jacobo Moreira durante o pleno de abril / Mónica Patxot

323 avais respaldan a Jacobo Moreira Ferro para que este sábado 12 se converta, durante o congreso, no novo presidente local do Partido Popular ocupando o cargo que ata agora viña exercendo Telmo Martín.

Non se presentou ningunha outra candidatura e o actual voceiro do grupo municipal do PP séntese avalado polas mostras de apoio que veu recollendo durante as últimas semanas: "Si uno atiende a los rumores de los últimos años, sobre todo mediáticamente, se decía que el partido no me quería. He podido contrastar, porque he hablado con más de 300 personas en los últimos días, que he encontrado un apoyo mayor al que me esperaba. Ahí están los avales".

Ata o último momento, Moreira temía que se puidese presentar algunha outra opción. "Lo lógico era esperar más candidaturas", indica cun sorriso, "el que se hubiera querido presentar se podría presentar. Estas sí que son unas auténticas primarias, no hay compromisarios, aquí es voto directo del afiliado y eso me anima mucho". No Congreso saberá cantos afiliados lle mostran o seu respaldo entre os 500 con dereito a voto.

Pero Jacobo Moreira continuará sendo protagonista o próximo luns 14 cando teña que tomar posesión da súa acta de deputado no Parlamento de Galicia ocupando o escano que deixou libre Agustín Hernández, ao asumir a alcaldía de Santiago de Compostela.

Afirma non se sentir preocupado polo número de cargos que asume: "Ahora voy a tener un equipo en el aparato orgánico, que a efectos prácticos, hasta ahora, estaba gestionando yo. Tengo un grupo de concejales con un equipo para la labor del ayuntamiento y otro para el aparato orgánico. Delegando funciones todo es posible, y ya lo hice hace dos años. Creo que tener mayor proyección para llevar cosas de Pontevedra al Parlamento de Galicia es positivo. Exige mayor esfuerzo, pero teniendo buen equipo detrás, creo que se puede hacer bien".

E aínda que asegura que, ata o momento, non tivo tempo para pensar nunha posible candidatura á alcaldía do Concello de Pontevedra, mostra a súa total disposición: "No voy a negar que sí me haría muchísima ilusión. Mi prioridad sigue siendo Pontevedra, lo dije y lo mantengo". E asegura que prefire quedar en Pontevedra antes de aceptar un posto de responsabilidade autonómica.