José Sieiro repetirá á fronte de Protección Civil de Caldas catro anos máis

Umia
16 de abril 2017

Este luns 17 de abril iniciarase unha nova etapa en Protección Civil de Caldas. A agrupación de voluntarios estivo inmersa as dúas últimas semanas nun período electoral para a renovación da xefatura. Finalmente, Seiro foi o único candidato e queda confirmado no cargo sen necesidade de celebrarse eleccións

Integrantes da agrupación de Protección Civil de Caldas Protección Civil de Caldas

Este luns 17 de abril iniciarase unha nova etapa en Protección Civil de Caldas de Reis. A agrupación de voluntarios estivo inmersa durante as dúas últimas semanas nun período electoral para a renovación da xefatura unha vez finalizado o período de catro anos á fronte do colectivo do seu anterior responsable, José Sieiro. Finalmente, foi desinado para seguir outros catro anos, entre 2017 e 2021

A Xunta Electoral comunicou á agrupación e ao alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, en calidade de presidente de Protección Civil, que Sieiro foi o único candidato e queda confirmado no cargo sen necesidade de celebrarse eleccións, previstas para este sábado. 

A nova etapa empezará leste mesmo luns e continuará a senda dos catro últimos anos. Sieiro asumiu a xefatura o 9 de abril de 2013 e desde entón encabezou un proceso de cambios e innovación na agrupación. Segundo os datos facilitados ao termo do mandato, desde a súa chegada ao cargo ata decembro de 2016 Protección Civil de Caldas realizou 2.777 intervencións

Nesta última etapa, Protección Civil consolidou 15 voluntarios en activo, unha cifra que é resultado dun reto persoal que se marcou Sieiro á súa chegada á xefatura e que foi clave na consecución dos logros dos útlimos anos. "Sen o esforzo de todos os compañeiros o avanzado cara ao futuro tería sido imposible", sinalaba a modo de balance o 4 de abril. 

Nese balance da actividade 2013-2017, José Sieiro daba por "amplamente cumpridos" os obxectivos que se propuxo o equipo directivo, pero tamén recoñeceu que "todo é mellorable co traballo diario" e agradeceu o afecto e recoñecemento recibido durante estes catro anos polos veciños de Caldas.  

Durante este último mandato, Protección Civil de Caldas reformou a estrutura loxística do servizo en materia de comunicacións e primeiros auxilios e incorporou novos recursos materiais, como un vehículo pickup e unha embarcación neumátic. Ademais, conectouse coas plataformas informáticas da Xunta de Galicia e adheriuse á rede de emerxencias TETRA. Os logros foron moitos, pero tamén sinalan que quedan obxectivos pendentes a nivel material, tales como a incorporación dun camión autobomba que solicitaron ao Concello o pasado mes de febreiro.

Esta etapa foi tamén a do salto definitivo ás redes sociais, con perfís activos en Facebook, Twitter e Youtube, e ás novas tecnoloxías. Respecto diso, destaca a incorporación a Alertry, unha aplicación de alerta temperá ante emerxencias que calquera veciño pode levar no seu smpartphone.  

A aposta pola formación, a adhesión como Entidade de Acción Voluntaria desde abril 2016 e a súa participación activa na elaboración do Plan de Emerxencia Exterior Foresa Caldas son algúns dos logros deste período que termina.