Juan Carlos I cea en casa Román despois de navegar pola ría

Pontevedra
12 de marzo 2016

O Rei emérito Juan Carlos I ceou este venres no restaurante Casa Román despois de navegar ao redor de tres horas por augas da ría de Pontevedra a bordo do 'Ian' uno dos barcos clásicos da Asociación Española de Clase Seis Metros. O director xeral do equipo Movistar e presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo, Pedro Campos, é o anfitrión de don Juan Carlos durante toda esta fin de semana

O rei emérito Juan Carlos I en Pontevedra
O rei emérito Juan Carlos I en Pontevedra / Diego Torrado

O Rei emérito Juan Carlos I ceou este venres no restaurante Casa Román despois de navegar ao redor de tres horas por augas da ría de Pontevedra a bordo do 'Ian', un dos barcos clásicos da Asociación Española de Clase Seis Metros.

O director xeral do equipo Movistar e presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo, Pedro Campos, é o anfitrión de don Juan Carlos durante toda esta fin de semana.

O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, xunto a outros concelleiros da corporación, mantiveron un breve encontro co monarca emérito.

Está prevista a participación de Juan Carlos I na oitava Regata Social Real Club Naval de Sanxenxo.

Como curiosidade, o Rei emérito ceou empanada de bacallau con pasas, boqueróns en vinagre e mexillóns en escabeche como entrantes; e logo percebes do Roncudo e rape con ameixas. Como remate servíronse sobremesas da casa.