"La transición" desembarca este sábado nas festas de Campolongo

Pontevedra
16 de marzo 2018

A programación das festas de San José de Campolongo inclúe a gravación en directo do programa de PontevedraViva Radio "La transición" conducida e presentada polo guionista pontevedrés Óscar Cruz

Festas de San José en Campolongo 2017 Diego Torrado

PontevedraViva Radio vai estar presente nas festas de Campolongo con motivo da gravación en directo do programa "La transición" que conduce e presenta o guionista pontevedrés Óscar Cruz.

A organización ha incluído no seu programa festivo a presenza deste programa millennial, así que a partir das 16.30 horas quen acuda á carpa instalada na praza da Constitución poderán ver en directo aos protagonistas de "La transición" e aos invitados cos que se conta para a ocasión.

Acompañando a Óscar Cruz estarán os seus colaboradores habituais de Porco Bravú, Javi Lopa e Jorge Boquete. Ademais tampouco se perderá a ocasión de volver a Pontevedra Pedro Brandaríz, protagonista da web serie "Peter Brandon", recente gañadora dun premio Mestre Mateo.

Na parte musical, Óscar Cruz convida para esta ocasión especial a Cora Sayers e Brotasol, que tamén actuarán en directo. Así que, millennials, xennials, e toda aquela persoa que queira pasar un intre ameno, "La transición" desembarca en Campolongo.