Tras varios días de traballo, a praia de Lavapanos xa conta con toda a achega de area necesaria para que poida ser gozada polos seus usuarios este verán.
A diferenza doutro areal urbano como A Carabuxeira, é a primeira vez que o Concello de Sanxenxo decide rexenerar esta praia achegando area nova para completar o seu espazo.
Operarios da firma Marcor Xove dispuxeron barreiras e materiais absorbentes para evitar que se producisen verteduras accidentais.
Na praia, que estivo pechada ao público ata completar estes traballos, actuaron dúas retrosxcavadoras, de 18 e 8 toneladas, e 4 dumpers aproveitando as mareas baixas.
O obxectivo desta actuación era recuperar o perfil natural da praia e que a nova area queda fixada nas dúas marxes do regato que a atravesa.
En conxunto, en Lavapanos e A Carabuxeira reforzáronse con 5.000 metros cúbicos de áridos.