A líder do BNG ve a Lores o "mellor candidato" para 2027: "está in love total" con Pontevedra

Pontevedra
30 de xaneiro 2026
Actualizado: 18:09

Ana Pontón sinala que agora toca seguir pensando en "como seguir impulsando o goberno municipal", no que ve que "hai ideas, hai proxecto, hai máis ganas que nunca, máis paixón por Pontevedra"

Ana Pontón e Miguel Anxo Fernández Lores
Ana Pontón e Miguel Anxo Fernández Lores / Cristina Saiz

"Eu creo que Lores é o mellor alcalde de Pontevedra e o mellor candidato". Así de contundente foi este venres a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, sobre a posible candidatura de Miguel Anxo Fernández Lores ás eleccións municipais de 2027. 

En 2025, no ecuador do seu sétimo mandato como alcalde, Lores anunciou que "con total seguridade" se presentará á reelección en 2027, pero esa candidatura non ten aínda a ratificación do partido. 

Pontón non fixo esa ratificación, pero este venres, durante unha visita en Pontevedra, a preguntas dos medios de comunicación, si eloxiou a súa figura. 

A propia líder nacionalista dixo que este non era o momento de facer estas ratificacións, senón que, na actualidade, "no que estamos pensando é en como seguir impulsando o goberno municipal".

No goberno local capitaneado por Lores Ana Pontón ve que "hai ideas, hai proxecto, hai máis ganas que nunca, máis paixón por Pontevedra".

Lembrou a Lores na campaña para as municipais de 2023 diciendo que estaba namorado do municipio e sinalou que "se nos dicía hai 2 anos que estaba namorado de Pontevedra, agora xa o vexo in love total". "Enloquecido", apuntou, entre risas, o propio alcalde

Ademais, ao fío da convocatoria de prensa realizada este venres, Ana Pontón puxo en valor que no goberno local pontevedrés do BNG "foron capaces de poñer en marcha esas solucións made in Pontevedra".

Para a nacionalista, "detrás do made in Pontevedra, está o made in BNG, que é a confianza no país e crer que desde aquí somos capaces de facer grandes cousas" . Ela mesma "aprende" de Pontevedra "a pensar en grande e a facer que as ideas sexan realidade".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora