Loito na cultura pontevedresa: falece o pintor Manuel Moldes

Pontevedra
03 de decembro 2017

Manuel Rodríguez  Moldes faleceu de madrugada aos 68 anos de idade froito dunha dura enfermidade, segundo confirmaron fontes próximas á familia. Levaba tempo enfermo, pero iso non lle impediu seguir co seu labor pictórico ata fai escasas datas 

Mural de Manuel Moldes na cristaleira do Sexto Edificio do Museo
Mural de Manuel Moldes na cristaleira do Sexto Edificio do Museo / Mónica Patxot

Pontevedra espertou este domingo coa luctuosa noticia do falecemento dun dos seus pintores máis destacados e queridos. Manuel Rodríguez Moldes faleceu de madrugada aos 68 anos de idade froito dunha dura enfermidade, segundo confirmaron fontes próximas á familia. 

O archiconocido pintor levaba tempo enfermo, pero iso non lle impediu seguir co seu labor pictórico ata fai escasas datas. Este mesmo verán resultou ostensible o mural efémero que pintoU no exterior do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra para anunciar a que se convertería na súa última exposición, 'Pontevedra Suite', que realizaba un percorrido pictórico polo Manuel Moldes dos anos 80 a través de 47 cadros e recibiu ata o 17 de setembro 8.500 visitas.

Moldes (Pontevedra, 12 de novembro de 1949, 3 de decembro de 2017) é unha das referencias da pintura española das últimas décadas e Pontevedra, o seu lugar de nacemento e no que pasou boa parte da súa vida, é un lugar crucial na súa obra e tamén na súa traxectoria. 

Licenciado en Arquitectura na E. T.S. de Madrid e Belas Artes na Facultade de Cuenca, Manuel Moldes converteuse no ano 1995 en profesor de Debuxo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e desde hai doce anos, desde 2005, era Académico de Número da Real Academia Galega de Belas Artes

O pasado mes de agosto ofreceu unha das súas últimas entrevistas a PontevedraVivaRadio na que fai un repaso pola súa traxectoria persoal, profesional e o seu posicionamento político, que no ano 2015 levoulle a apoiar a candidatura de Marea Pontevedra nas eleccións municipais.