Lores pide ao alcalde de Vigo que evite debates localistas con motivo da capitalidade xudicial

Pontevedra
08 de abril 2014

Tanto o alcalde de Pontevedra como o socialista Antón Louro entenden que o anteproxecto do ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, conta cun rexeitamento maioritario e que "dividir forzas sería contraproducente" para os cidadáns

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores / PontevedraViva
O alcalde de Pontevedra pide a Abel Caballero que non entre en localismos pola sede xudicial /

O goberno local de Pontevedra oponse á proposta do anteproxecto de Gallardón para reformar o mapa xudicial e tanto o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, como o tenente de alcalde, o socialista Antón Louro, recomendan ao rexedor de Vigo, Abel Caballero, que non entre nun debate localista sobre o lugar no que debe encontrarse a sede xudicial.

"A modificación que se vai propoñer por parte de Gallardón, que non acerta unha, vai na liña de reducir servizos aos cidadáns e, polo tanto, eu non estou dacordo" indicou Fernández Lores que se referiu ás palabras de Caballero sinalando que "esa oposición debemos defendela todos. O debate non debe ser entre cidades ou comarcas localistas senón para paralizar esta lei que vai en contra dos intereses dos cidadáns en xeral".

O alcalde de Pontevedra insistiu en que este anteproxecto aínda ten que pasar polo Parlamento e é absurdo dividir forzas: "o razonable e o sentido común di que debemos loitar contra o que propón Gallardón e o Partido Popular. Estou dacordo en defender os dereitos dos cidadáns. Nesa liña nos atoparemos todos, noutra non".

LOURO: "ÿ UN DEBATE FICTICIO"

O tenente de alcalde, Antón Louro, socio de goberno e compañeiro dentro do Partido Socialista do alcalde de Vigo, Antón Louro, asegurou que "temos que escapar da cortina de fume que nos puxo diante o ministro de Justicia, Alberto Ruiz-Gallardón. Unha cortina de fume que pretende esquivar os problemas reais que teñen os cidadáns".

"Dende as cidades non debemos caer nun debate ficticio", apuntón Louro que aposta pola racionalidade, o diálogo e o consenso político e engadiu que este anteproxecto non lle gusta "os xuices, aos concellos, nin a Xunta de Galicia, nin ao tecido empresarial nin aos cidadáns". E cualificou a proposta do ministro de Xustiza como "inviable".

Neste sentido destacou que é unha proposta contraditoria coa medida adoptada, anos atrás, polo PP cando desenvolveu a descentralización dividindo a Audiencia de Pontevedra en dous e afirmou que tamén "alonxa os cidadáns da Xustiza".

Louro apostou por traballar dende a razón e non dende a emoción en referencia a Abel Caballero: "a defensa dá súa localidade pasa polo acordo e entendemento coas demais localidades, calquera cousa que fose defender os intereses concretos dunha localidade sería un erro".

O voceiro do grupo municipal socialista sinalou que non se puxera en contacto co alcalde de Vigo e indicou que "se cadra non estamos falando de nada serio. Todo isto é unha ficción e fala de centralizar todos os xulgados de Pontevedra nunha localidade, isto non é de sentido común".