Down Xuntos leva 35 anos prestando apoio as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual, dende o nacemento ata a vellez, en Pontevedra e na contorna.
Teñen a súa sede no Gorgullón, onde un grupo integrado por 17 profesionais traballa diariamente para prestarlles apoio en todas as etapas da súa vida.
Ata alí acudiron este martes o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado pola concelleira de Benestar, Anabel Gulías, cumprindo así co "compromiso que adquirira durante a pasada edición de Pontesán" o rexedor.
Durante o percorrido, comprobaron desde primeira liña o "traballo excepcional" que fan, poñendo en valor "as impresionantes instalacións e o esforzo importantísimo" que realizan no día a día.
Lores felicitou aos traballadores por facer "unha cidade máis xusta" e xestionar o traballo que desde administracións "é imposible facer".
Recoñeceu que lle gustaría poder atender a todas as persoas, especialmente as que teñen algún grao de discapacidade, "pero neste momento o que facemos é colaborar con todas elas". Animou á asociación "a seguir nesta liña", reiterando á súa vez a colaboración municipal "sempre que poidamos".
Pola súa banda, o presidente de Xuntos Pontevedra Down, Manuel Pérez, agradeceu a visita do alcalde e da concelleira, sinalando a importancia de que "se visibilice o traballo" que leva realizando a asociación desde o ano 1991.
"Empezamos prácticamente de cero, sen ningún profesional, e hoxe en día atendemos a 120 usuarios", explicou. Estas persoas na súa maioría teñen síndrome de Down, aínda que tamén acollen a usuarios en etapa adulta ou con outras discapacidades intelectuales.
O crecemento da entidade fixo que actualmente as instalacións se queden pequenas e teñan unha lista de espera de 60 persoas que quererían entrar "pero que por capacidade e posibilidades non podemos admitilas", recoñeceu Pérez.
O presidente detallou que o traballo principal de Xuntos é fundamentalmente na contorna, procurando que as persoas usuarias estén integradas na vida ordinaria.
Na etapa educativa os profesionais de educación teñen contacto permanente cos orientadores dos centros onde están os rapaces, que van ao colexio polas mañás e pola tarde reciben apoio na asociación.
En relación á formación e empleo, a entidade ten colaboracións con empresas da contorna para facer prácticas e contratacións laborais. O programa actualmente conta con 20 persoas, das cales algunhas están traballando e outras á espera de empleo.
Como novidade, Pérez Cabo destacou o traballo que están a facer de cara ao envellecemento dos usuarios a través dun programa que calificou como "pioneiro en Galicia", a través do cal "facemos seguimentos constantes a persoas a partir de 34-35 anos cuns test anuales para seguir a evolución".
Ademais, na etapa adulta están en contacto con residencias ou centros de día mediante visitas mutuas para así, no caso de que nas casas non teñan posiblidade de coidalos, "ter ese camiño feito". O obxectivo, sinalou, é "que ese paso non sexa traumático".

Visita á sede de Down Pontevedra Xuntos no Gorgullón