Louro destaca o éxito do ARI de Estribela e as boas expectativas para o do Centro Histórico

Pontevedra
13 de agosto 2013

O ARI de Estribela foi todo un éxito. Os números, segundo o concelleiro de Urbanismo, falan por si sos. En total, realizáronse 240 actuacións de rehabilitación de vivendas e espazos públicos nas que se investiron máis de 2,20 millóns de euros. Todas as obras, explicou Antón Louro, están finalizadas "a excepción das que teñen previsto executarse nas anualidades de 2014, 2015 e 2016"

Vista do barrio de Estribela
Vista do barrio de Estribela

O ARI de Estribela foi todo un éxito. Os números, segundo o concelleiro de Urbanismo, falan por si sos. En total, realizáronse 240 actuacións de rehabilitación de vivendas e espazos públicos nas que se investiron máis de 2,20 millóns de euros. Todas as obras, explicou Antón Louro, están finalizadas "a excepción das que teñen previsto executarse nas anualidades de 2014, 2015 e 2016".

Nesta quinta fase do ARI deste barrio acometeranse sete actuacións por valor de 815.000 euros. Ademais da rehabilitación de vivendas, o proxecto incluirá a reforma de dúas de dúas das súas rúas: a rúa do Mercado e a rúa Camboa. En ambas investirase uns 245.000 euros.

Con respecto ao Área de Rehabilitación Integral do Centro Histórico, aprobada pola Xunta de Galicia o 4 de outubro de 2012, Antón Louro sinalou que espertou "demanda e interese" entre os propietarios. Trinta deles, entre os que se atopan "algún dos donos dos edificios máis emblemáticos", achegáronse pola oficina técnica para interesarse polas axudas previstas para este tipo de actuacións.

Se ese interese por executar a rehabilitación de ditas vivendas mantense cando se aproben definitivamente estas axudas, o ARI "pode ter un efecto altamente positivo". Por iso, Louro instou á Xunta a que "territorialice" os 138 millóns de euros que o Plan Estatal de Vivenda destinará a Galicia. "Queremos que se repartan eses cartos canto antes para poñer en marcha o que está pendente en Estribela e o que desexamos facer no centro histórico".

LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÿN

Ademais, a Comisión de Urbanismo outorgou a licenza de primeira ocupación a varios proxectos inmobiliarios. Trátase dunha vivenda unifamiliar na rúa Dinamarca, outras catro situadas en Rosalía de Castro e que foron promovidas polo Instituto de Vivienda, Infraestructura y Equipamiento de la Defensa (INVIED) e as 49 vivendas dos dous primeiros edificios da promoción que Construcuatro constrúe na confluencia de Loureiro Crespo e José Malvar.