Louzán define coma un "manchón" o aparcadoiro disuasorio fronte ao Estadio de Pasarón

Pontevedra
28 de novembro 2013

O presidente da Deputación recordou que este espazo, duns 3.000 metros cadrados, esta concibido para ser unha zona verde e dignificar a entrada ao Estadio de Pasarón, e non está habilitado para o estacionamento. "Paréceme unha falta de coherencia e de planificación do Concello de Pontevedra", dixo

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, definiu como un "manchón" o estacionamento disuasorio habilitado no barrio do Burgo, na parcela lindeira co estadio de Pasarón, e que está operativo dende este xoves.

Louzán recordou que este espazo, duns 3.000 metros cadrados, esta concibido para ser unha zona verde e dignificar a entrada ao Estadio de Pasarón, e non está habilitado para o estacionamento. "Paréceme unha falta de coherencia e de planificación do Concello de Pontevedra", dixo.

O Concello elaborou un proxecto de urbanización dunha zona axardinada nesta parcela que estaba valorado en 298.000 euros. "Unha vez máis vese a falta de concreción do goberno de Pontevedra que dixera que tiña un proxecto para unha zona verde e que ia consultalo cos veciños para facelo. Agora pódese comprobar que todo era unha farsa, unha mentira, non teñen absolutamente nada, non teñen a financiamento para elo despois de cinco anos de obras", indicou Rafael Louzán.

Ademais o presidente da Deputación recordou que sendo o pavimento de terra, xa que ao tratarse dunha zona verde non se pode asfaltar, "veremos como os días que chove aquilo se converte nun lodazal", como acontece co aparcadoiro fronte o Pavillón de Deportes.

"Os cidadáns do barrio de Pasaron merécense unha actuación de acordo co número de habitantes que ten aquela zona, unha vez máis o Concello de Pontevedra os olvida e convirte aquilo nun lodazal", insistiu o mandatario popular. "Creo que queda un gran manchón", concluíu.