Luces rosas en Pontevedra polo cancro de mama

Pontevedra
20 de outubro 2020

As autoridades sanitarias apuntan que unha de cada oito mulleres terá cancro de mama ao longo de vida. Entre 2012 e 2019, a incidencia desta enfermidade aumentou un 7,5%. Cada ano diagnostícanse cada ano máis de 33.000 novos casos

Pazo Provincial iluminado de rosa Deputación de Pontevedra

A conmemoración en Pontevedra do Día Mundial Contra o Cancro de Mama tivo como broche de ouro, ou máis ben de rosa, a iluminación de varios edificios públicos da cidade.

Un deles é a antiga casa do concello da Praza de España que, como cada ano, tinguiuse de rosa con motivo desta efeméride. 

O encendido da iluminación estivo presidida polo tenente de alcalde, Tino Fernández, que estivo acompañado de edís da corporación e de membros da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico de Pontevedra (Adicam).

Desde este colectivo lembraron que a covid-19 "non pode silenciar" outras patoloxías que, a pesar da pandemia, "seguen reais na poboación".

O Pazo Provincial da Deputación tamén se iluminou de rosa para visibilizar esta doenza e concienciar á sociedade da importancia da investigación, de lograr un diagnóstico precoz e de mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas.

As autoridades sanitarias apuntan que unha de cada oito mulleres terá cancro de mama ao longo de vida. Entre 2012 e 2019, a incidencia desta enfermidade aumentou un 7,5%. Cada ano diagnostícanse cada ano máis de 33.000 novos casos.