O pontevedrés, Luís Quiles tomou posesión o pasado sábado, como novo presidente de Rotary Club Pontevedra nun acto celebrado no Club Náutico.
No seu discurso, apostou por reforzar o papel do club como "motor de transformación social e plataforma de colaboración útil para a cidade".
A nova presidencia centrarase en "estreitar lazos" con asociacións, universidades e empresas comprometidas, así como en "achegar Rotary aos barrios e á cidadanía".
"Pontevedra non necesita máis discursos, necesita máis proxectos. Rotary ten que ser unha ferramenta ao servizo de quen aínda cren que esta cidade pode ir a máis", afirmou.
Durante a súa intervención, Quiles defendeu unha etapa baseada en tres craves: "sumar talento novo, abrirse á participación e demostrar con feitos que a colaboración é o camiño".
"A sociedade demanda menos queixas e máis compromiso. Menos distancia e máis implicación", subliñou.
O xa presidente agradeceu o labor de quen sostiveron o club nos últimos anos e expresou a súa vontade de combinar continuidade e renovación: "Esta presidencia non empeza de cero; empeza sobre unha base sólida e xenerosa, pero coa enerxía para abrir novas portas".
"Queremos que Pontevedra recupere a ilusión, levante a cabeza e volva crer que aquí hai futuro. E ese futuro, se o construímos entre todos, non será duns poucos: será de todos", concluíu.