Luisa Fariña, nova responsable da Policía Local de Sanxenxo

Sanxenxo
04 de xullo 2022

Luisa Fariña Escudeiro leva 21 anos traballando en Sanxenxo e conta cun amplo coñecemento e experiencia do funcionamento do servizo. O municipio foi o seu primeiro destino en 1998 como auxiliar e, tras pasar por Cambados, regresou a Sanxenxo en 2001

Luisa Fariña dándolle instrucións aos novos auxiliares da Policía Local de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

Luisa Fariña Escudeiro é a nova xefa da Policía Local de Sanxenxo.

Fariña, natural de Meis, leva 21 anos traballando en Sanxenxo e conta cun amplo coñecemento e experiencia do funcionamento do servizo. O municipio foi o seu primeiro destino en 1998 como auxiliar e, tras pasar por Cambados, regresou a Sanxenxo en 2001.

Accede ao cargo tras a xubilación de Manuel Ferreiro Expósito despois de 33 anos velando pola seguridade de Sanxenxo.

Ambos coincidiron de novo este luns na recepción dos axentes auxiliares da Policía Local que este verán prestarán servizo na localidade.

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, deron a benvida aos 33 axentes que se incorporarán ao persoal.