A corporación municipal de Pontevedra experimentou este luns un complexo 'xogo de maiorías' na que os tres partidos impulsaron diversas 'pinzas' para impor as súas propostas. Fixérono con dous temas amplamente debatidos en anteriores ocasións.
Así, PP e PSOE sumaron os seus votos para reclamar que o estudo de tráfico para San Roque sexa "rigoroso" e non se impoñan condicións "a priori", mentres que socialistas e nacionalistas pediron máis frecuencias de AVE e censuraron os que "discriminan" a Pontevedra.
O debate máis intenso, como era de esperar, foi o relativo a ese estudo de tráfico, onde volveu a saír a relucir o peche de Raíña Vitoria. O portavoz popular, Rafa Domínguez, censurou que "diga lo que diga" ese informe, o BNG non reabrirá esa avenida.
"Todo el que quiera reabrir Reina Victoria solo tiene una papeleta, la del PP", defendeu Domínguez, que acusou aos socialistas de facer "el ridículo más absoluto" e situarse na "intrascendencia política" ao aceptar "todo lo que diga Lores" sobre Raíña Vitoria.
Para os populares, o estudo que se faga sobre a mobilidade neste barrio debe ser "serio y riguroso" porque, pola contra sería unha "tomadura de pelo" aos pontevedreses e "dejaría en mal lugar" ás persoas que se vaian a encargar deste informe.
A pesar das críticas cara a eles, o socialista Iván Puentes apoiou esta petición e coincidiu en que ven "con desagrado" que o goberno municipal descarte reabrir esta rúa, apelando á necesidade de que o estudo se faga "con criterios técnicos e obxectivos".
O PSOE, lembrou Pontes, ten unha proposta "que mellora notablemente ao resto" para evitar que Raíña Vitoria non volva ser un espazo "gris, inútil e chea de tráfico": reurbanizala, habilitar plataforma única, integrala coa Alameda e limitar o paso a residentes e servizos.
Desde as filas do BNG, César Mosquera sostivo que o peche de Raíña Vitoria "non é un invento nin un capricho", senón que está recollido no plan de mobilidade urbana sostible (PMUS) aprobado pola corporación, o que ao seu xuízo condiciona a súa reapertura.
San Roque é, para Mosquera, o barrio "no que menos avanzada está" a reforma urbana, algo do que responsabilizou aos populares porque "non lles vale nada" para melloralo. "Non sei que mal lle fixo este barrio ao PP", chegou a asegurar.
"Contentar a todo o mundo é francamente imposible", apuntou, como se demostrou na errada reforma deseñada en 2012, a pesar do cal garantiu que "iso non quita que o vaiamos a tentar" para que San Roque se poida ordenar "e tratar como se merece".

Os socialistas, esta vez co respaldo do BNG, sacaron adiante a súa moción para reprobar á vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, que reclamou habilitar frecuencias de AVE entre Vigo e Madrid que non parasen na cidade de Pontevedra.
Iván Puentes reivindicou que "non que nos temos que centrar os pontevedreses" é o seguir traballando para incrementar as frecuencias e para reducir os tempos de viaxe, aproveitando a liberalización das liñas ou a novas conexión con Portugal, "e non crear falsas polémicas".
Esta maior conectividade ferroviaria xerará, segundo o portavoz socialista, "oportunidades únicas" para transformar e desenvolver a cidade de Pontevedra, permitindo que se asente unha maior poboación e se poidan conseguir xerar novos empregos.
Mosquera coincidiu en que é "extemporáneo" que alguén propoña eliminar trens en Pontevedra, onde "é absurdo non parar", aínda que reclamou estar atentos a esa liberalización "a ver en que condicións se fai e que obrigas se lle poñen" ás novas compañías.
O PP, pola súa banda, votou en contra da proposta dos socialistas, aos que acusou de traer ao pleno unha moción "dictada por Abel Caballero", afirmando Rafa Domínguez que "me niego a que sea él el que nos diga lo que tenemos que hacer".

A única unanimidade que se rexistrou no pleno deste luns foi co respaldo á moción na que Raquel Martínez, edil do PP, reclamaba "devolver a la ciudadanía" un espazo natural que considera "degradado", o paseo fluvial do Gafos á altura de Ponte Boleira.
Martínez denunciou o "notable abandono" de todo este ámbito e logrou o apoio dos socialistas para quen a recuperación de todo este río debe ser un "obxectivo fundamental" e do grupo de goberno, que sostivo que ese mantemento xa está programado.
Tamén se aprobou, aínda que neste caso só cos votos de PP e PSOE, a proposta dos socialistas para que o novo parque da Parda contemple as demandas veciñais para a protección e conservación medioambiental da junquera existente no barrio.
"Non queremos paralizar a obra senón aproveitar a oportunidade", sinalou Manuel Fariña, mentres que a popular Beatriz Rey defendeu que se fagan as modificacións "que sexan necesarias" a este proxecto para garantir a conservación deste espazo.
A este respecto, Mosquera subliñou que os técnicos de Augas de Galicia analizaron esta actuación e concluíron que a auga que hai na zona "está estancada e non ten máis percorrido" porque se acumulou como consecuencia dunha escavación.
A canle de auga incluída nesta actuación, de levarse a cabo, será "artificial" e tería que contar coa subministración da traída do abastecemento municipal.

Pleno da corporación municipal de Pontevedra