Máis carga de traballo para Factoría Naval

Marín
07 de agosto 2013

O estaleiro marinense recibiu un buque para a súa reparación froito do acordo de colaboración con Nodosa e espera a chegada dun novo atunero, o segundo contratado no mes de xuño, mantendo a ocupación do plantel preto de tres meses

Draga de succión OMVAC Factoría Naval

As bancadas Factoría Naval no Porto de Marín recibiron na tarde do martes un novo buque para a súa reparación, a draga de succión OMVAC 8.

Os traballos de mantemento e reparación do barco, que recalan no estaleiro froito do acordo de colaboración asinado coa empresa veciña Nodosa, estenderanse por espazo de tres semanas.

Segundo informa Factoría Naval unha vez o buque sexa reflotado recibirá o segundo dos atuneros contratados o pasado mes de xuño, e que empregará, tal e como recoñeceu no seu momento o director da planta José Manuel Coto, necesitará "entre dos y tres meses" de traballo nas que se empregarán "unas 300 personas entre nuestra plantilla y un mínimo de 10 o 12 auxiliares".

O estaleiro asegura que o solapamento dos traballos de reparación achega "certa continuidade laboral ao actual plantel de ambos os dous estaleiros e ás empresas auxiliares da zona que participan nas reparacións".