Máis de cen alcades e técnicos aplauden en Roma o modelo de mobilidade que a Deputación aplicará na provincia

Pontevedra
23 de novembro 2015

Os representantes italianos recoñeceron o traballo feito na cidade do Lérez e destacaron a valentía política e o traballo técnico realizados para aplicar melloras urbanísticas poñendo como referencia ás persoas e, sobre todo, aos nenos. Apuntaron, en calquera caso, que a día de hoxe, poder aplicar en Italia modelo de mobilidade que se utiliza en Pontevedra "é un soño"

"Xornadas de mobilidade", no Gonsiglio Nazionale de Ricerche
"Xornadas de mobilidade", no Gonsiglio Nazionale de Ricerche / Deputación de Pontevedra

Máis de cen alcaldes, concelleiros e técnicos italianos, turcos e españois aplaudiron este luns en Roma o modelo urbano de Pontevedra que a Deputación de Pontevedra quere estender na provincia mantendo as personalidades de cada vila.

Os representantes italianos recoñeceron o traballo feito na cidade do Lérez e destacaron a valentía política e o traballo técnico realizados para aplicar melloras urbanísticas poñendo como referencia ás persoas e, sobre todo, aos nenos. Apuntaron, en calquera caso, que a día de hoxe, poder aplicar en Italia modelo de mobilidade que se utiliza en Pontevedra "é un soño".

Estas loubanzas tiveron lugar no congreso 'Autonomía é saúde. A autonomía de movemento dos nenos: unha necesidade para eles, un recurso para a escola e para a cidade' organizado polo investigador Francesco Tonucci, impulsor do proxecto internacional 'A cidade dos nenos' e celebrado no día de hoxe no Gonsiglio Nazionale de Ricerche.

Foron moitos os participantes que se interesaron en realizar viaxes a Pontevedra para coñecer in situ a cidade e as prácticas aplicadas. Así, nos vindeiros días concretaranse as datas para recibir expediciones de concellos turcos e das proximidades de Roma.

Na quenda de preguntas foron moitas as cuestións relativas ao proceso de transformación da cidade de Pontevedra. Preguntáronse aspectos relacionados co metrominuto e coa necesidade de aplicar dende a administración unha proposta coordinada para chegar a unha mobilidade global como a que a Deputación pretende aplicar na provincia.

Durante a intervención Mosquera explicou que é posible reconverter a cidade nun espazo de autonomía infantil cun cambio de prantexamento e un bo coñecemento da mobilidade urbana.

Por último, Mosquera destacou que paga a pena dedicar a enerxía necesaria para poñer en marcha o proceso do cambio e que, ademais, este é politicamente viable.

A seguinte parada do vicepresidente e do asesor provincial, Jesús Fole, será Barcelona, na 'XI Jornada Tècnica de Mobilitat'.