Os voceiros provincial e municipal do Partido Popular, Ángel Moldes e Rafa Domínguez, respectivamente, visitaron este xoves as obras da rotonda que se está a construír nas inmediacións do Príncipe Felipe, ante a denuncia levada a cabo por membros da Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE) e veciños de Moldes, na parroquia de Mourente.
Alí, tras observar sobre o terreo a instalación de diversos lombos ao longo do vial que dá acceso ao hospital Montecelo, o edil popular amosou o seu malestar ante o que "supón un prexuicio para os pacientes que acuden al centro sanitario".
Entende que "ésta debería ser unha vía libre de lombos co fin de facilitar os tempos de resposta das ambulancias e evitar ademais agravar as patoloxías dos pacientes que teñen que ser trasladados a Montecelo".
Dominguez lembrou que nesta cuestión non se está a falar de "lombos si, lombos non", senón de que "o hospital debería contar cunhas vías de acceso no que non se instalen estes dispositivos" máxime tras as denuncias realizadas polos propios técnicos de ambulancias.
"Nun vial libre de lombos se reduce á metade o tempo de resposta", engadiu, polo que entende que "debería imperar o sentido común".
Os populares analizarán esta situación para valorar que medidas poden levar a cabo para evitar a instalación.