A empresa Punto Fa - Grupo Mango mostrou o seu interese polo local do Gran Garaxe, na rúa Benito Corbal.
Fontes municipais confirmaron que hai un mes a firma téxtil catalá se dirixiu ao departamento de urbanismo para consultar a viabilidade deste espazo para un uso comercial, obtendo o visto e prace por parte dos técnicos do concello.
Os técnicos informaron que este edificio de fachada modernista non está catalogado no Plan Xeral de Ordenación Urbanística vixente pero si que está inventariado pola Xunta o que implica a necesaria supervisión de Patrimonio.
O Gran Garaxe permanece pechado dende hai varias semanas.