Marín é unha das seis localidades galegas elixidas pola Xunta para a volta das verbenas.
O próximo día 19 de xuño farase unha proba piloto que, no caso de Marín, será da man da Orquestra Marbella. O resto de orquestras e localidades elixidas son Costa Dorada en Noia, Ocaband en Tomiño, Os Satélites en Arteixo, Cinema no Carballiño e a Principal en Mondoñedo.
Os asistentes poderán estar de pé e bailar, aínda que só con conviventes. Serán verbenas con ata 1.000 persoas, ao aire libre e con uso obrigatorio da máscara. O público terá que estar a cinco metros do escenario. Ademais, pedirase un rexistro previo
As medidas contempladas na desescalada galega están a pensar xa nos festivais de música e nos grandes eventos do verán, especialmente os vencellados ao Xacobeo, con aforos de ata 10.000 persoas sentadas en grandes espazos abertos.
MÁSCARA
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, xa expresou o seu desexo de que "nas próximas semanas" o uso da máscara no exterior deixe de ser "imprescindible", aínda que quen debe adoptar a decisión é o Goberno de España que regula o uso obrigatorio da máscara na lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19.
A Xunta de Galicia exporá ao Goberno central que en "lugares de esparexemento, praias e algunha zonas das cidades" sexan consideradas para deixar de esixir o uso de máscara. Para iso deberase ter en conta que a comunidade na que se adopte esta flexibilización do uso do cubrebocas en exteriores teña unha porcentaxe de vacinación alto e unha situación epidemiolóxica estable.
O criterio do goberno galego é manter aínda o seu uso no interior.