Marín alumeará as rúas con adornos de Nadal este venres 2 de decembro

Marín
29 de novembro 2022

As concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña presentaron a imaxe do Nadal e a programación, que inclúe tamén a campaña promocional do comercio local pola que se sortean cen tarxetas de 50 euros, así como o III Concurso de Decoración de Nadal

Adornos de Nadal na Alameda de Marín
Adornos de Nadal na Alameda de Marín

Este venres 2 de decembro comezará a programación das festas do Nadal en Marín co acendido da iluminación, a partir das 18.30 horas. Unha hora antes inauguraranse tamén os roteiros do Tren de Nadal na Alameda.

As concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña presentaron a imaxe destas festas e a programación destinada a público familiar. Está prevista nesa mesma xornada do venres a apertura da feira de Artesanía de Galicia nas casetas que se atopan no recinto da Alameda. Permanecerán abertas ata o 11 de decembro, en horario de 11.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

Tamén durante o venres, antes de acender a iluminación, celebrarase a chocolatada solidaria que organizan diversas ONGs. Neste arranque das festas non faltará un acto do Ateneo Santa Cecilia coa conferencia de Manuel Villanueva no Museo Manuel Torres.

Durante a primeira semana, a programación será a seguinte:

Sábado 3
· 19:00 horas - CINEMA DE NADAL Película PIKACHU, na Carpa da Alameda
Domingo 4
· 18:00 h. Curso de arranxo floral. Organiza Asoc. Ballet de Galicia. Carpa da Alameda

Luns 5
· Comezan os Roteiros do Tren de Nadal nos centros escolares de infantil e primaria

Martes 6
· 17-21 h. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa a cargo dá asoc. Tempus Ludit. Alameda

Mércores 7
· 19:00 h. Festival de Nadal da Escola Municipal de Música. Alameda

Xoves 8
· 17-21 h. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa a cargo da asoc. Tempus Ludit. Alameda

Sábado 10
· 17:00 - 21:00 h. MINI MERCADO DE NADAL coas Anpas de Marín. Alameda
· 18:00 h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas Ong na Alameda
· 18:00 h. Bailes de Nadal dos ZUMBIS. Alameda

· 19:00 h. Concerto de Nadal da Banda de Música MUSIMARÍN. Alameda