O Marín CF dará o pregón das Festas do Carme 2026

Marín
03 de xullo 2026

O Concello propuxo ao club ler o pregón das Festas do Carme durante a recepción oficial ao equipo no salón de plenos do Concello, despois de conseguir o ansiado regreso a Preferente

Recepción ao Marín CF

O Marín Club de Fútbol será o encargado de dar o pistoletazo de saída ás Festas do Carme 2026 tras lograr o ansiado regreso a Preferente.

O anuncio realizouno este xoves a alcaldesa, María Ramallo, durante a recepción oficial ao equipo no salón de plenos do Concello.

O conxunto marinense culminou a tempada conseguindo o ascenso nun final de infarto que se resolveu nunha quenda de penaltis que mantivo en albas á afección no estadio de San Pedro.

Como recoñecemento, o Concello propuxo ao club ler o pregón das Festas do Carme o venres 10 de xullo ás 21.30 horas na Alameda.

No acto interviñeron o presidente do club, Miguel Beis, e a propia rexedora, quen coincidiron en destacar a importancia dun ascenso que levaba anos perseguindo.

A recepción serviu tamén para homenaxear o equipo facéndolle entrega dun obsequio institucional, así como o recoñecemento a Álex Rey, xogador máis regular da tempada.

Pola súa banda, o Marín fixo entrega á alcaldesa do novo carné de socia, como inicio da tempada de captación de novos socios, e da camiseta do club.