Marín contrata a 34 persoas en situación de desemprego

Marín
29 de outubro 2015

Desde hai varios días estase a levar a cabo desde o Concello de Marín a selección de persoal con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputacion de Pontevedra. Este xoves firmaranse os contratos e comenzarán as súas tareas distribuidos entre as brigadas de servizos municipais e os locais onde se realizan labouras de conserxe

Traballos de limpeza da praia de Portocelo (Marín) Concello de Marín

Desde hai varios días estase a levar a cabo desde o Concello de Marín a selección de persoal con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputacion de Pontevedra.

O goberno local solicitou, dentro das bases deste plan, a contratación de 30 peóns operarios de obra pública e catro conserxes de cara a levar a cabo por un período de dous meses traballos relativos á conservación e mantemento dos servizos públicos.

A elección realízase segundo a selección previa enviada pola oficina de emprego e posteriormente cunhas bases aprobadas desenvólvense as probas do persoal cun tribunal que realiza dita selección.

A selección foi realizada e este martes pasaron a revisión médica e aportando a documentación, polo que este xoves firmaranse os contratos e comenzarán as súas tareas distribuidos entre as brigadas de servizos municipais e os locais onde se realizan labouras de conserxe: na biblioteca, en Briz, nas dependencias municipais do concello e de apoio ao mercado.