Marín dá os primeiros pasos para dotar a Seixo dun pavillón de deportes

Marín
26 de novembro 2015

O goberno local de Marín contratará o proxecto básico e de execución do pavillón de deportes de Seixo

Campo de fútbol de Seixo
Campo de fútbol de Seixo / BNG de Marín

O goberno local de Marín contratará o proxecto básico e de execución do pavillón de deportes de Seixo.

A idea é que se constrúa unha infraestrutura de acordo coas posibilidades da parcela do actual campo de fútbol, coa ordenación exterior que posibilite a execución ordenada de zonas de aparcadoiro, espazos ao aire libre e zonas deportivas complementarias.

Desde o Concello explóranse vías de financiamento que pasan desde a achega municipal ata a solicitude de axudas desde outras administracións, incluíndo a solicitude de fondos europeos dentro do denominado Proxecto Marín 2020.

O goberno local espera solicitar o apoio de todos os membros da corporación para sacar adiante este proxecto.