Os socialistas reclaman un polideportivo ao carón do colexio de Seixo

Marín
09 de maio 2016

Carmen Gallego sinala que a intención da Xunta de levar o polideportivo ao antigo campo de fútbol deixaría sen o servizo ao colexio público e á escola infantil

Construcción dunha pista deportiva no colexio de Seixo
Construcción dunha pista deportiva no colexio de Seixo / Concello de Marín

A deputada socialista Carmen Gallego presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao goberno galego que constrúa o futuro polideportivo da parroquia de Seixo na súa ubicación orixinal, ao carón do colexio público.

Gallego advirte da intención do goberno galego de construír as novas instalacións no terreo do antigo campo de fútbol, desprezando o terreo adquirido polo Concello e "perdendo a oportunidade de ofrecer os servizos do polideportivo ao colexio público e á escola infantil que existen á súa beira".

Esta decisión suporía que as novas instalacións "perderan boa parte da súa utilidade" para os nenos das escolas e desoíndo a reivindicación veciñal.

Apunta que o terreo adquirido no seu día para a construción do polideportivo permanece baldío, mentres o goberno decidiuse a construír sobre o antigo campo de fútbol.

Acúsaos de "esquecer" que o concello conseguira na etapa socialista unha axuda de 60.000 euros do Goberno central para facer un novo campo de fútbol, "un investimento que se perdeu de novo polo desleixo do goberno galego, que se negou a investir 200.000 euros para facer unhas novas instalacións", apuntaron.