Marín eleva xa a 6.000 as unidades de máscaras repartidas entre as farmacias do municipio

Marín
28 de abril 2020

Este material de protección é confeccionado por cidadáns voluntarios con material que facilita o Concello. Este tras a súa desinfección distribúeo entre as farmacias para repartición gratuíta

Once farmacias de Marín xa teñen máscaras feitas polo voluntariado
Once farmacias de Marín xa teñen máscaras feitas polo voluntariado / Concello de Marín

O Concello de Marín supera xa as 6.000 unidades de máscaras distribuídas entre as farmacias do municipio. Material de protección que foi confeccionado por veciños voluntarios para este fin. Esta cantidade irá aumentando progresivamente a medida que o Concello siga recibíndoas e seguidamente proceda á súa desinfección para a distribución con todas as garantías sanitarias e de hixiene.

Lémbrase que na entrega destas máscaras teñen prioridade aquelas persoas consideras como grupos de risco. Por outra banda, a Administración Local segue agradecendo a colaboración de Protección Civil, cuxos integrantes fan chegar ao voluntariado que confecciona as máscaras o material que facilita o Concello, e tamén aos segundos.

Doutra parte lémbrase á cidadanía que é necesario seguir con todas as medidas de prevención de contagios, máxime ante os novos permisos de saídas que se deron e que se producirán nos próximos días. Medidas que lembran: lavar as mans con frecuencia, uso de máscaras, luvas ou pantallas protectoras; e manter a distancia entre persoas ao saír á rúa.