Marín incrementa o horario da súa ambulancia asistencial de soporte vital básico

Marín
29 de xuño 2016

Ata o de agora, a ambulancia marinense prestaba servizo en horario de 10 da mañá á 10 da noite, pasando agora a prestar cobertura en horario de 7 da mañá ata as 11 da noite

Ambulancia medicalizada do 061 Mónica Patxot

Tal e como adiantara a CIG, o Servizo Galego de Saúde ven de anunciar a mellora o seu servizo de transporte sanitario urxente terrestre na localidade de Marín, ampliando durante todo o ano en catro horas diarias máis a súa dispoñibilidade asistencial.

Cómpre sinalar que, ata o de agora, a ambulancia de soporte vital básico marinense prestaba servizo en horario de 10 da mañá á 10 da noite, pasando agora a prestar cobertura urxente terrestre neste municipio en horario de 7 da mañá ata as 11 da noite.

Ademáis Vilagarcía de Arousa e a súa bisbarra contan cunha nova ambulancia de soporte vital básico de 12 horas, que entrará en servizo en xullo, grazas a unha iniciativa de "mellora e reforzo do transporte sanitario urxente de Galicia", á que o Servizo Galego de Saúde destina un orzamento de 2,8 millóns de euros para o período 2016-2019.

Esta medida permite ampliar en Arousa a cobertura de transporte sanitario urxente e incrementar o seu horario de prestación do servizo.