Marín prepárase para repartir máis de mil racións de bolo do pote

Marín
04 de marzo 2022

A XVIII edición do Bolo do Pote, prato típico da cociña popular galega elaborado con fariña de millo mollada en caldo e acompañado de chourizo e orella, celebrarase este domingo 6 de marzo ao mediodía na Alameda Rosalía de Castro de Marín

Presentación da XVIII edición del Bolo do Pote Concello de Marín

A XVIII edición do Bolo do Pote celebrarase este domingo 6 de marzo ao mediodía, coincidindo coa Andaina dos Montes e Praias.

A concelleira de Cultura de Marín, Beatriz Rodríguez, xunto cos representantes de Pousos da Area, presentou os detalles desta festa gastronómica.

A organización prevé a degustación de máis de 1.000 racións deste prato típico da cociña popular galega, elaborado con fariña de millo mollada en caldo e que se acompaña no prato con chourizo e orella.

A repartición das racións será na Alameda Rosalía de Castro no centro urbano de Marín e comezará a partir das 12.00 horas.

No caso de mal tempo, desde o Concello avanzan que o evento trasladarase ao espazo interior do Multiusos da Praza de Abastos.