Marín suspende os campamentos de verán ante a crise sanitaria da COVID-19

Marín
26 de maio 2020

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, explicou que este ano sería "moi complicado" garantir todas as medidas que se deben "cumprir estritamente" a nivel de distancia física e hixiene constante, "polo que é necesario previr posibles contaxios

Campamentos de conciliación de Marín
Campamentos de conciliación de Marín / Concello de Marín

Os nenos e nenas de Marín quedarán este verán sen os seus campamentos de conciliación. Así o anunciou o Concello este martes. Entenden que é a decisión máis acertada dada a situación creada polo coronavirus e o non retorno ás aulas escolares.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, explicou que este ano sería "moi complicado" garantir todas as medidas que se deben "cumprir estritamente" a nivel de distancia física e hixiene constante, "polo que é necesario previr posibles contaxios.

Esta oferta lúdica tiña como obxectivo axudar ás familias da vila a conciliar o seu tempo cando a rapazada non ten colexio, organizando actividades de ocio no espazo urbano.

A súa suspensión está provocada ademais ante o escenario "diferente ao habitual" que están a barallar as autoridades educativas para a volta das clases en setembro.