Meaño inicia as obras para mellorar o viario de Pedras Roibas de Padrenda

O Salnés
07 de marzo 2026

Trátase dun viario de 800 metros que vertebra a conexión da estrada autonómica PO-550 coa provincial EP-9305

Mellora do vial de Pedras Roibas en Meaño Concello de Meaño

O Concello de Meaño informou do inicio das obras de pavimentación e mellora no viario de Pedras Roibas.

Trátase dunha vía interior que une os núcleos de poboación de Pedras Roibas, Pazo do Monte e A Balada.

Con 800 metros de lonxitude vertebra a conexión da estrada autonómica PO-550 coa provincial EP-9305.

As obras, explica o goberno local, consisten na renovación do pavimento cunha plataforma de formigón, cunetas e mellora da sinalización.

"Esta obra enmárcase dentro do plan municipal de mellora da rede viaria, cuxo obxectivo é dotar ao municipio de infraestruturas modernas, seguras e adaptadas ás necesidades actuais", explica o alcalde, Carlos Viéitez.

Esta actuación financiouse a través do Plan +Provincia da Deputación.