A Consellería de Medio Ambiente vén de reiterar o compromiso e apoio económico da Xunta de Galicia coa Primeira Vía do Salnés, que une os concellos de Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía.
Así o ratificou a conselleira Ángeles Vázquez, durante unha reunión cos tres rexedores municipais.
Vázquez Mejuto afirmou que se mantén este acordo de participar cunha achega económica en 2020, para o que é necesario un novo estudo da situación para ver en que maneira se pode artellar a participación do Goberno galego na execución da Vía Verde. Explicou que é preciso saber que actuacións restan por asumir e se as mesmas revisten elixibilidade polos Fondos Feder que hai dispoñibles.
Trasladou a intención do Goberno galego por "camiñar da man coas restantes administracións participantes" para sacar adiante un proxecto común. Lamentou que o obxectivo se rompera "polas decisións unilaterais dos restantes participantes"; pero insistiu en que o que toca agora e "reparar dita situación e apoiar este proxecto que beneficiará a cohesión dos territorios".
Neste sentido, agradeceu o compromiso anunciado polo rexedores locais de remitir unha proposta de convenio que será analizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para poder asignar os fondos dispoñibles e que quedarán recollidos nun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os tres concellos.