Medio millón de euros, investimento para cambiar as rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González de Cuntis

Umia
31 de agosto 2022

O plan provincial ReacPon achegarán os fondos para renovar o parque infantil, ampliar os espazos de circulación e estancia peonil, dotar á zona de nova pavimentación e tamén se instalarán novos elementos de sinalización e de mobiliario urbano

Visita de Santos Héctor e Manuel Campos ás obras nas rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González
Visita de Santos Héctor e Manuel Campos ás obras nas rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González /

As rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González transformaranse coas obras que estes días execútanse no Concello de Cuntis. O orzamento ascende a 578.418 euros, cunha achega a través do Plan ReacPon de 496.933 eeuros procedentes da Deputación de Pontevedra. O resto procede dos fondos municipais, un total de 81.484 euros.

Santos Héctor, deputado provincial, e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, visitaban a zona onde se realizan os traballos acompañados por outros representantes da corporación para comprobar o avance da intervención que se executa desde o mes de xuño. Está previsto que finalicen a finais de 2022.

As dúas vías adaptaranse ás necesidades actuais da vila e modernizaranse os equipamentos públicos e deportivos. Entre outras actuacións, renovarase o parque infantil con nova iluminación e pavimento de seguridade; tamén se incluirán aparellos biosaudables no espazo que rodea á pista de xogos. 

Ampliaranse espazos de circulación e estancia peonil en detrimento aos destinados a circulación de vehículos. A intención é mellorar a accesibilidade a estas infraestruturas. A reforma conleva unha rebaixa da velocidade de circulación pasando de 30 km/h a 20.

As obras servirán para instalar unha nova rede de augas fecais, pluviais e auga potable, con nova pavimentación en toda a zona. Controlarase a evacuación das verteduras urbanas a través do novo sistema e mellorarase o control do uso da auga, evitando perdas. Por último, instalaranse novos sinais con marcas viarias reflectoras brancas e pasos de peóns luminosos do mesmo xeito que unha nova rede de iluminación máis eficiente. 

A estas melloras súmanse elementos de mobiliario urbano como papeleiras, bancos e tamén un banco-cargador de teléfonos móbiles que se alimenta de enerxía solar.