Melloran a estrada da Escusa para corrixir as deficiencias no seu pavimento

Poio
26 de agosto 2021

Poio recuperará en setembro unha das súas probas deportivas máis emblemáticas, a Subida á Escusa, tras a suspensión do ano pasado pola covid-19. Con motivo da proba, o goberno municipal decidiu acometer unha serie de traballos de mellora no pavimento da estrada

Obras de mellora na estrada da Escusa Concello de Poio

Poio recuperará en setembro unha das súas probas deportivas máis emblemáticas, a Subida á Escusa, tras a suspensión do ano pasado pola covid-19. Con motivo da proba, o goberno municipal decidiu acometer unha serie de traballos de mellora no pavimento da estrada.

En concreto, os operarios están a actuar no tramo entre Os Canos e Río Mouro Grande.

O obxectivo destas obras é corrixir unha serie de deficiencias detectadas no firme e eliminar raíces fixadas nas inmediacións da estrada e que dificultaban o tránsito de vehículos.

Por outra banda, o que tamén se pretende é ter esta estrada nas mellores condicións posibles de cara á celebración da Subida á Escusa. A intención da Concellería de Deportes é que esta competición sirva como antesala de cara a poder acoller o Campionato de España.

O orzamento destinado a esta obra, que estará rematada nos próximos días, é duns 20.000 euros.