Mellorar o firme da estrada entre A Coutada e Campodanta en Aguasantas sairá por 90.800 euros

Cerdedo Cotobade
07 de marzo 2023

O Concello de Cerdedo-Cotobade recibiu un total de oito ofertas pertencentes, pero unha vez analizadas resultou como a máis vantaxosa a de Oresa xa que ademais de ofrecer cinco anos de garantía sobre os traballos realizados tamén ofertou 8.500 metros de marca viaria de 10 centímetros de ancho. A obra inclúese de urxencia no Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

Pavimentación dunha vía en Cerdedo-Cotobade
Pavimentación dunha vía en Cerdedo-Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade - Arquivo

A empresa Oresa será a encargada de executar as obras de mellora do firme da estrada A Coutada-Campodanta e en Pé da Múa, na parroquia de Aguasantas, en Cerdedo-Cotobade. A Mesa de Contratación realizou a adxudicación por un valor de 90.800 euros.

Trátase dunha obra que se inclúe no Plan Concellos da Deputación con urxencia ao non prosperar a solicitude de subvención ao Estado. A obra é urxente debido á deterioración que se detecta na vía, segundo informa o goberno local que lidera Jorge Cubela.

Presentáronse oito ofertas. Unha vez analizadas a máis vantaxosa para o Concello era a de Oresa ao ofrecer cinco anos de garantía sobre os traballos realizados e ofertar 8.500 metros de marca viaria de dez centímetros de ancho con pintura branca acrílica e microesferas de vidro cun importe aproximado duns 3.060 euros.

Tamén mellorará a sinalización horizontal e vertical de Stop con marcado no pavimento de banda de parada e cebrados en illotes con pintura termoplástica e sinais octogonales. Ademais ofreceu actuacións na cuneta e compactación e preparación da superficie de asento, entre outras melloras.

Esta vía contribúe a unir a esta parroquia co resto do municipio conectando A Coutada, Campodanta e Pé da Moa, en Augasantas. Está previsto que inicialmente se execute unha limpeza das marxes con apertura de cunetas para despois realizar a pavimentación de 4.902 metros cadrados. No tramo da zona de Pé dá Múa realizarase unha pavimentación de 3.441 metros cadrados.