Un menor, evacuado ao Hospital de Montecelo tras ser rescatado inconsciente da auga en Ponte Sampaio

Pontevedra
23 de agosto 2025
Actualizado: 16:34

O mozo atopábase na praia fluvial e foi recatado pola socorrista

Praia fluvial de Ponte Sampaio Mónica Patxot

Un menor tivo que ser evacuado de urxencia ao Hospital de Montecelo despois de ser rescatado inconsciente da auga na praia fluvial de Ponte Sampaio.

Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibiuse pouco despois da unha da tarde.

Na chamada, un particular alertou de que unha socorrista sacara da auga ao menor en estado inconsciente e estáballe practicando manobras de reanimación cardiopulmonar.

Ante a gravidade da situación, o 112 mobilizou de inmediato aos servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como a efectivos da Policía Local de Pontevedra e da Policía Nacional.

Á súa chegada, o equipo médico continuou coas tarefas de reanimación até conseguir estabilizar ao menor.

O mozo foi posteriormente trasladado ao Hospital de Montecelo para recibir atención especializada.

O Concello de Pontevedra apuntou que o ano de nacemento do mozo é o 2007.