O mercadillo de antigüidades celebrado este domingo en Pontevedra cambiou a distribución dos postos que, ademais da Rúa Serra, agora esténdense polo último tramo da rúa César Boente e tamén ocupan a praza da Pedreira.
A choiva restou afluencia de público a este anciño pero quen si acudiron mostrábanse satisfeitos con este cambio. Especialmente, os vendedores.
A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, hai tempo que comunicou a súa intención de facer cambios neste mercadillo dominical para estimular a Praza de Abastos e dinamizar esta zona do centro histórico.
Entre outras ideas, preténdese abrir o mercadillo á venda de roupa de segunda mano pero, sobre todo, quérese regularizar esta actividade e sacar a licitación os postos de venda, xa que na actualidade, os vendedores dispoñen dunha autorización, pero non están suxeitos ao pago de taxas.
Este mercadillo foi unha inciativa impulsada no ano 1997 polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental que empezou celebrándose na Praza da Verdura.