Mestizaxes abre as portas a un universo de cociña de fusión

Pontevedra
05 de novembro 2021

Dez establecementos da cidade ofrecen tapas propias de países como Portugal, Xapón, China, Chile, Brasil, Perú, Venezuela, México ou Estados Unidos na carpa instalada na Praza de España

Mestizaxes reúne dez propostas gastronómicas internacionais
Mestizaxes reúne dez propostas gastronómicas internacionais / Mónica Patxot

O primeiro festival gastronómico Mestizaxes, enmarcado no programa Pontevedra Capital Gastro, que pretende facer da cidade do Lérez unha referencia gastronómica; funciona desde as 19.00 horas da tarde deste xoves 4 de novembro a pleno rendemento.

Despois de tres días de quecemento con charlas entre os principais chefs da cidade, a carpa da Praza de España ten xa abertas as súas portas para a degustación de tapas que transportarán ao comensal a países exóticos.

O recinto conta con dez postos doutros tantos establecementos hostaleiros de Pontevedra que ofrecerán unha pequena demostración de cociña internacional, cada un dos restaurantes estará especializado nun país. Ademais haberá un posto con café de orixe e outros dous para bebidas.

A relación de países e expositores é a seguinte: Perú, da man de Causa Street Food; México, coa Catrina; Venezuela, con Arepas Gastrobar; Xapón, con Kenzo; Chile, co Saudade; Brasil, coa Croquetería El Crack; China, co Cafetín; Estados Unidos, con Candela Grill Burguer; e Portugal, como país invitado.

Complétase a oferta cos postos de Cociña Internacional Vegana e Café de orixe, do Club do Café, ademais do viño achegado pola IXP Ribeiras do Morrazo e a cervexa de Estrela Galicia.

Este xoves, ademais, o evento estivo animado por DJ Fon Kid.

PROGRAMA DOS PRÓXIMOS DÍAS

Venres 5 de novembro:

12:00 horas: Apertura da carpa

13:00 horas: Sesión vermú con DJ T.O.T.S.

17:30 horas: Gravación do programa O Chuso

21:00 horas: Sesión nocturna con DJ T.O.T.S.

00:00 horas: Peche da carpa

Sábado 6 de novembro:

12:00 horas: Apertura da carpa

13:00 horas: Sesión vermú con DJ T.O.T.S.

21:00 horas: Sesión nocturna con DJ T.O.T.S.

00:00 horas: Peche da carpa

Domingo 7 de novembro:

12:00 horas: Apertura da carpa

13:00 horas: Sesión vermú con DJ T.O.T.S.

17:00 horas: Peche da carpa