Mimos para as árbores do centro urbano de Caldas de Reis

Umia
19 de xuño 2025

O Concello de Caldas contratou unha empresa especializada para limpar os alcorques situados no centro urbano da vila termal

Limpieza dos alcorques de Caldas de Reis
Limpieza dos alcorques de Caldas de Reis / Concello de Caldas de Reis

Unha empresa especializada encárgase estes días da limpeza dos alcorques das árbores do centro urbano de Caldas de Reis.

O Concello contratou estes traballos para retirar a maleza e mellorar o aspecto e a saúde das árbores sen usar produtos nocivos nin para persoas nin para a contorna.

A execución destas tarefas estase a levar a cabo en dúas fases.

Por unha banda, os operarios xa acometeron a limpeza sostible dos alcorques na rúa José Sesto Casal, así como na Ferrería, e está previsto que, se as condicións meteorolóxicas o permiten, continúe en Dolores Mosquera

"Podería parecer un tema menor, pero para nós é fundamental garantir que as nosas rúas gocen dun bo aspecto e as nosas árboes dunha boa saúde", sinalou sobre a actuación o alcalde, Jacobo Pérez.

Os alcorques son os espazos ao redor dos cales crecen as árbores prantadas en zonas pavimentadas.

A súa conservación é importante ao ser un elemento que facilita o regado e a absorción de auga, ademais da entrada de aire de nutrentes ás raíces de cada árbore.

Tamén serve como protección contra posibles danos que poidan causar o tránsito de vehículos ou de transeúntes.