A programación do San Xoán en Caldas inclúe unha subida para gozar no Xiabre do solsticio de verán

Umia
16 de xuño 2025

A arqueóloga Elena Cabrejas explicará a tradición de subir ao petróglifo para ver 'danzar o sol' no horizonte tras o monte Xesteiras o día da aliñación astronómica

Monte Xiabre
Monte Xiabre / Concello de Caldas de Reis

O Concello de Caldas de Reis ten preparada unha ampla programación para celebrar o San Xoán 2025.

A novidade é unha subida ao monte Xiabre para ver o soslsticio de verán en Laxe dos Bolos.

Esta nova cita sumarase á saída tradicional para recoller herbas de San Xoán, a sardiñada popular na contorna do Bermaña, pasarrúa e unha 'performance' con lume xunto a música para animar a noite máis curta do ano.

O obxectivo da subida organizada ao Xiabre é pór en valor o santuario de Laxe dos Bolos. Unha vez alí a arqueóloga Elena Cabrejas explicará a tradición de subir ao petróglifo para ver 'danzar o sol' no horizonte tras o monte Xesteiras o día da aliñación astronómica.

De feito nestas datas o sol nace polo Xesteiras e reflíctese directamente no petróglifo.

Para explicar isto, e tamén a relación do sol e coa existencia de posibles rituais das comunidades que habitaban o territorio con danzas e música, organizarase esta saída o domingo 22 ás 6.15 horas da mañá desde a rotonda de Saiar.

Para participar é necesario inscribirse no teléfono 986 54 01 10 (ext. 5).

O resto da programación terá lugar o luns 23 de xuño, empezando ás 18.00 horas con saída desde o Auditorio do obradoiro de herbas de San Xoán dirixido por Pepe Bragaña.

Ás 20.30 horas comezarán os pasacalles 'Os Encerellados' e unha hora despois ás 21.30 horas arrincará a sardiñada, na que se repartirán de maneira gratuíta 1.000 racións de sardiñas con pan. Ademais haberá churrasco e polbo a prezos populares.

Media hora antes do aceso da fogueira dará comezo espectáculo 'Fire performance' da compañía 'Asacocirco'.

Xa a medianoite chegará o esperado acendido da 'cacharela' do río Bermaña, que finalizará cunha sesión de DJ no Campo da Torre a cargo da Duendeneta.

Desde o Concello de Caldas de Reis o seu tenente de alcalde, Manuel Fariña, lanza unha chamada á responsabilidade e a soamente acender fogueiras comunicadas e autorizadas con todas as medidas de seguridade pertinentes.