Misa pontificial no santuario da Virxe Peregrina coa presenza do Subdelegado do Goberno

Pontevedra
09 de agosto 2015

O deputado provincial do PSOE, Carlos Font, representou á Deputación no santuario da Virxe Peregrina no acto ao que asistiron o subdelegado do Goberno, Antonio Coello, e diferentes autoridades militares, ademais de representantes do grupo municipal do PP

Misa pontificial no santuario da Virxe Peregrina 2015 Diego Torrado

O santuario da Virxe Peregrina acolleu a misa pontificial no mediodía deste domingo coa presenza de diversas autoridades ademais de fieis que asistiron no día de celebración da patroa da provincia de Pontevedra.

O deputado provincial do PSOE, Carlos Font, foi o encargado de representar a institución provincial acompañado por autoridades da Brilat e da Escola naval de Marín, ademais do Subdelegado do Goberno, Antonio Coello.

Tamén asistiron a este acto litúrxico, representantes do grupo municipal do Partido Popular, encabezados polo voceiro Jacobo Moreira.

A partir das 21.00 horas deste domingo 9 da praza da Peregrina partirá unha procesión que percorrerá as rúas do centro ata regresar ao santuario. O acto relixioso completarase con danzas gremiais.