Moreira busca un acordo para construír o Hospital de Monte Carrasco ante o "fracaso" da manifestación pola sanidade

Pontevedra
18 de febreiro 2014

O Partido Popular presentará unha moción no pleno deste mércores 19 co obxectivo de tentar conseguir o apoio maioritario para a construción do Hospital de Monte Carrasco, que ofrecese unha seguridade xurídica ao proxecto. Os populares tamén pedirán que se regule a instalación de pancartas nos edificios municipais

Jacobo Moreira, portavoz do grupo municipal do PP Mónica Patxot

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, anunciou que durante o pleno que se desenvolverá este mércores 19 presentará unha moción para "conseguir un apoyo unánime y firme para construir el Hospital de Monte Carrasco". A proposta parte, segundo os populares, como resposta ao "fracaso del alcalde con la manifestación del pasado viernes, posiblemente la de menor afluencia de las que tiene impulsado en los últimos quince años contra la Xunta de Galicia en Pontevedra" en referencia á manifestación pola sanidade pública e en contra da reorganización dos servizos sanitarios convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública. En palabras de Jacobo Moreira, a marcha solo reunió a un milleiro de persoas.

Segundo sinala o representante dos populares, o proxecto do novo hospital atopábase bloqueado ata que o pasado outono coñeceuse a sentenza sobre o recurso do proxecto sectorial que rexeitaba a petición do Concello e, segundo Moreira, a Xunta continúa co proxecto e ten presupuestado máis dun millón de euros para o pago das expropiacións coa finalidade de construír esta infraestrutura.

O obxectivo de que se aprobe a moción que presentarán os populares será que se estableza a "colaboración entre las Administraciones", segundo sinalou o portavoz do PP, xa que a pesar da declaración de supramunicipalidade desta obra entende que dende o Concello "se pueden poner ciertas chinitas en el camino".

PANCARTAS EN EDIFICIOS MUNICIPAIS

Os populares tamén presentará no pleno unha proposta solicitando que se regule a instalación de pancartas nos edificios municipais. Jacobo Moreira indicou que a instalación da pancarta a favor do aborto xerou malestar entre os cidadáns e afirmou que o balcón do Concello non se pode converter no "tablón de anuncios del BNG y del PSOE".

Neste senso, sinalou que "puede llegar un día en que nos encontremos a Lores colocando una pancarta de Bildu y esto no puede ser". Por este motivo, o PP vai solicitar que para a instalación de mensaxes nos edificios públicos do Concello sexa necesario un acordo unánime da corporación, pero ""dejamos la iniciativa al gobierno local para que en el próximo pleno planteen una regulación del uso de las fachadas para colocar pancartas con mensajes" .