Moreira reúnese cos veciños de Lepanto e reclama orzamento para a reforma integral da rúa en 2018

Pontevedra
29 de novembro 2017

Jacobo Moreira insiste en que o avance do documento orzamentario non ten en conta as prioridades dos veciños e lamenta que o goberno local pretenda silenciar as protestas veciñais con partidas para a realización de estudos sobre a rúa, en lugar de acometer a obra integral de reforma

Reunión de Jacobo Moreira con representantes veciñais da rúa Lepanto
Reunión de Jacobo Moreira con representantes veciñais da rúa Lepanto

O PP de Pontevedra volve lamentar que o goberno local non tivo en conta as necesidades dos veciños á hora elaborar o orzamento municipal para 2018 e tan só baséase nas "prioridades do BNG" e, entre as cuestións que ve importantes para ter en conta, está incluír unha partida específica para desenvolver a reforma integral da rúa Lepanto.

O portavoz do PP local, Jacobo Moreira, reuniuse con representantes veciñais da rúa Lepanto e, tras a reunión, valorou que "o goberno de Lores pretende silenciar as queixas dos veciños da rúa Lepanto prometendo estudos que permitan detallar o futuro proxecto de reforma".

Na súa opinión é " palabrería" que non dá resposta á súa demanda, que non é outra que unha obra de reforma integral que permita poñer fin ao agravio comparativo que sofren en relación coas rúas da contorna. 

Moreira lembra que os veciños de Lepanto mostraron desde hai moito tempo a súa indignación ante o abandono "reiterado" da súa rúa e non lograron reunirse co goberno local ata que presentaron varios escritos e esperaron varios meses.

"Non nos conformamos coa inclusión de partidas no orzamento municipal do 2018 para desenvolver estudos que analicen o estado da rúa, é preciso un compromiso firme de que neste 2018 se acometerá a obra de reforma integral da rúa, pois así o levan solicitando os veciños dende hai moito tempo", sostén Moreira.