Mosquera compara aos opositores ao peche de Raíña Vitoria cos "cayetanos"

Pontevedra
19 de outubro 2020

O Pleno do Concello de Pontevedra debateu este luns de maneira conxunta dúas mocións presentadas polo Partido Popular e polo concelleiro non adscrito Gregorio Revenga sobre o mesmo asunto: o peche ao tráfico da avenida Raíña Vitoria. Ambas as mocións foron rexeitadas pola maioría que conforman os votos dos edís do BNG e do PSOE

Pleno do Concello de Pontevedra
Pleno do Concello de Pontevedra / Mónica Patxot

O Pleno do Concello de Pontevedra debateu este luns de maneira conxunta dúas mocións presentadas polo Partido Popular e polo concelleiro non adscrito Gregorio Revenga sobre o mesmo asunto: o peche ao tráfico da avenida Raíña Vitoria. Ambas as mocións foron rexeitadas pola maioría que conforman os votos dos edís do BNG e do PSOE.

O concelleiro nacionalista, César Mosquera, como responsable de infraestruturas quixo "despexar dúbidas" e explicou que "a decisión foi acordada antes de anunciala, co PSOE, como non podía ser doutra maneira".

Tamén precisou que "hai 15 anos" que xa se dixo que Raíña Vitoria é unha rúa con problemas por "exceso de tráfico" aínda que insistiu en que a medida de pechala agora ao tráfico está "circunscrita" á pandemia e que se estudaron outras posibilidades "pero ía ser un zapatostio gordo". Ademais asegurou que se ofreceu a mesma solución ao resto de centros educativos da cidade.

Dito isto, Mosquera comentou que esta polémica faille rexuvenecer porque "volvemos cos debates de hai 20 anos" e sinalou que entón e agora os opositores a este tipo de medidas son os mesmos "cayetano puro e duro", é dicir, "unha parte do PP, activa e ruidosa, que non o quere" porque o ven como "restrinxir as liberdades". 

"Saltou o lobby outra vez. Son os mesmos que hai 20 anos" , dixo Mosquera

"Saltou o lobby outra vez. Son os mesmos que hai 20 anos", dixo en referencia á Cámara de Comercio, AEMPE ou AJE Pontevedra aos que recoñece a súa "coherencia e constancia, son perseverantes" neste posicionamento. 

Sobre a petición do PP dun estudo técnico "independente" sobre os efectos deste peche o concelleiro do Bloque indicou que os populares tampouco achegaron "un estudo das perdas do comercio" por mor deste peche.

Pola súa banda, Rafa Domínguez cargou contra o grupo de goberno BNG – PSOE por "escudarse en la pandemia cuando llevan años queriendo hacer esto" e díxolles que "están tomando a los pontevedreses por imbéciles". 

O portavoz do PP instou ao goberno local a que "si la razón es proteger la salud de los estudiantes, que cierre inmediatamente todos los accesos a colegios e institutos" e engadiu que "no se ha acreditado que haya mejorado la salud", ao contrario, asegurou que a medida pode causar graves problemas, segundo trasladáronlle "los técnicos del 061 y la Policía Nacional".

Finalmente, Rafa Dominguez lamentou a "posición de absoluto seguidismo del PSOE".

Pola súa banda Goyo Revenga pediu "sentido común" ao Bloque e ao Partido Socialista e que "reviertan el cierre".