Mozos de toda Europa axudarán a manter o río Gafos limpo

Pontevedra
14 de abril 2015

A Axencia Nacional Española "Programa Juventud en Acción", aprobou a acreditación SVE (Servizo Voluntario Europeo), á Asociación Vaipolorio, como entidade de acollida no marco do programa Erasmus+ ata o ano 2020

Terceira xornada de limpeza do Gafos con Vaipolorío Diego Torrado

Mozos de Italia, Letonia, Ucrania, Finlandia ou Alemania, que veñen por un ano a Pontevedra axudarán a manter o río Gafos limpo e en boas condicións.

A Axencia Nacional Española "Programa Juventud en Acción", aprobou a acreditación SVE (Servizo Voluntario Europeo), á Asociación Vaipolorio, como entidade de acollida no marco do programa Erasmus+ ata o ano 2020. Todos estes mozos traballarán en beneficio dá comunidade en Pontevedra, ao tempo que comparten as culturas doutros países europeos coa de Galicia.

Dende Vaipolorío agradecen a Asociación Galega da Formación do Profesorado  e a Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra "por crer en nos!".

Os voluntarios realizarán no río dos Gafos tareas de limpeza do río e das súas marxes, obradoiros medioambientais, catalogación de flora e fauna, plantación de árbores, documentais, eliminación de especies invasoras e outras actividades complementarias.

A cambio os membros de Vaipolorío deberán proporcionar apoio antes, durante e despois do servizo. O apoio é persoal, relacionado con as tarefas, apoio lingüístico e administrativo, é dicir: seguro, visado e permiso de residencia.

Non se trata dun voluntariado ocasional, nin un período de prácticas nunha empresa, tampouco é un traballo remunerado polo que non debe sustituir a un posto de traballo. Esto tampouco quere dicir que sexa unha actividade de ocio ou turística, nin un curso de idiomas, nin unha explotación de mano de obra barata.