O vindeiro mércores 11 de xuño, as fundacións Fundamar e Funpromar celebran un acto para presentar as novidades de Estadía Sereas, un programa apoiado pola Deputación de Pontevedra, que busca visibilizar e recuperar o papel esencial das mulleres no sector do mar, tanto no pasado como no presente.
O acto terá lugar no Casal de Ferreirós, en Poio.
Sereas é un proxecto que ten como obxectivo salvagardar a memoria do traballo feminino no mar, divulgar os oficios femininos e narrar a historia marítima desde unha perspectiva de xénero.
A iniciativa Estadía Sereas promove a investigación arredor do papel das mulleres nas industrias do mar.
En 2024, centrouse no impacto do cambio global na Ría de Pontevedra desde unha óptica de xénero, poñendo en evidencia os efectos sobre os recursos mariños e as traballadoras que dependen deles.
Por outra banda, a nova convocatoria 2025 xerará ferramentas pedagóxicas innovadoras e accesibles como unha situación de aprendizaxe, un audiovisual divulgativo e accións formativas en centros educativos.
As persoas interesadas en asistir á presentación, poden inscribirse na seguinte ligazón.