Multitudinaria asistencia á charla da Policía sobre redes sociais

Pontevedra
30 de outubro 2017

Máis de 75 pais, 50 alumnos de 5º e 6º de primaria así como o claustro de profesores asistiron con gran interese á charla impartida polos Delegados de Participación Cidadá

Charla da Policía sobre redes sociales Policía Nacional

A Policía Nacional de Pontevedra impartiu unha charla o día 26 de outubro que fora solicitada previamente polo colexio San José e que finalmente se celebrou no Liceo Casino de Pontevedra debido á gran afluencia de público e o interese suscitado.

Máis de 75 pais, 50 alumnos de 5º e 6º de primaria así como o claustro de profesores asistiron con gran interese á charla impartida polos delegados de Participación Cidadá da Comisaría Provincial de Pontevedra.

Nela tratáronse temas como o uso das novas tecnoloxías, redes sociais, riscos da internet e o tratamento do menor como vítima ou autor de delitos.

Os axentes policiais impartiron consellos e liquidaron dúbidas.