Multitudinaria sardiñada no pavillón de Cerdedo para festexar San Xoán

Cerdedo Cotobade
24 de xuño 2023

Preto dun milleiro de persoas participou na comida popular organiza no pavillón de Cerdedo na que non faltou o aceso da tradicional fogueira no exterior do recinto

Xantar popular de San Xoán no pavillón de Cerdedo Concello de Cerdedo-Cotobade

Preto dun milleiro de persoas participou no xantar popular organizado no pavillón de Cerdedo.

Non había este ano previsión de choiva que aúgase a festa, pero o Concello decidiu volver apostar por este formato cunha alta aceptación.

Non faltaron as sardiñas e o churrasco de porco celta para todos os presentes, como tampouco o aceso da tradicional fogueira no exterior do recinto.

A festa completouse con animación musical a cargo de Disco Móbil "On by Chito".