O parque da natureza de Barosa, en Barro, será este sábado 25 de xullo "o mellor escenario do mundo" para un concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria.
Trátase dunha das propostas máis recoñecidas da música galega actual, que combinará tradición, percusión, voces e sonoridades contemporáneas.
Desta maneira, neste escenario natural privilexiado entre fervenzas, vexetación e río, Xosé Lois Romero e Aliboria proxectarán a súa música cara a novas linguaxes sonoras con gran presenza escénica.
A actuación arrancará a partir das 20:30 horas e será de acceso libre.
O concerto forma parte da programación cultural impulsada polo Concello de Barro e que cada verán reúne por centos de persoas.
O pasado ano, nesta mesma data e neste mesmo espazo, o público puido gozar da actuación de Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.