Ningún positivo por covid-19 no cribado dos profesionais sanitarios

Pontevedra
27 de febreiro 2021

Os cribados con test de saliva efectuados durante o xoves 25 e o venres 26 de febreiro os profesionais de Atención Primaria e de atención especializada da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnes non detectaron ningún caso positivo de covid-19

Cribado para detectar asintomáticos
Cribado para detectar asintomáticos / Mónica Patxot

Os cribados con test de saliva efectuados durante o xoves 25 e o venres 26 de febreiro os profesionais de Atención Primaria e de atención especializada da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnes non detectaron ningún caso positivo de covid-19.

Segundo informaron dende o SERGAS, un total 3.785 profesionais de diversas categorías de atención hospitalaria dos hospitais do Salnés, Provincial e Montecelo, así coma a 830 traballadores dos 44 centros de Atención Primaria desta área sanitaria, foron citados mediante SMS e entregaron a súas mostras de saliva nos seus respectivos centros de traballo para, posteriormente, analizalas e devolverlles nun prazo de 24 a 48 horas o resultado a cada usuario. 

A convocatoria voluntaria representa unha porcentaxe do 62,19 por cento, sendo un total de 2.354 traballadores do total de 3.785 traballadores os que efectuaron o cribado.

Así mesmo, en Atención Primaria, de 830 traballadores, o efectuaron un total de 608 profesionais, cifra que representa unha porcentaxe do 73,25 por cento.

Por centros sanitarios, no Hospital Provincial de Pontevedra a convocatoria acadou a 1.250 traballadores, dos que entregaron mostra de saliva 850. No Hospital do Salnés recolleron un total de 252 mostras de saliva de 481 sanitarios convocados.

No Hospital Montecelo citáronse a 1.927 profesionais, e entregaron 1.121 mostras de saliva ; no centro de especialidades da Casa do Mar de Mollabao citaron a 132 profesionais, dos que entregaron mostra 81 deles así coma outras 50 mostras do persoal administrativo no edificio da Avenida de Vigo.

Novos cribados universitarios

Para dar seguir co plan de continxencia da covid-19 na Área Sanitaria, a Administración Sanitaria Pública galega planificou para a vindeira semana un novo ciclo de cribados no eido universitario.

Así, para o lunes 1 e para o martes 2 de marzo en horario de 9 a 13:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas, un total de 3.300 estarán citados para efectuar un novo cribado de antíxenos (mostra nasofarínxea) nas dependencias  interiores da pista de atletismo da Facultade das Ciencias da Educación e do Deporte do campus universitario de A Xunqueira en Pontevedra.